Monday 29 de April de 2024

“O Comezo…”, exposición de pintura de Luis Lista no Centro Sociocomunitario de Caión


A inauguración será o luns 30 de xaneiro ás 17:00 h.

O centro sociocomunitario de Caión acollerá do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro a mostra de pintura “O comezo…” composta por unha quincena de obras de Luis Lista.

O coristanqués Luis Lista é pintor afeccionado e autodidacta. Aínda que esta será a súa primeira exposición, as súas inquedanzas artísticas veñen de moi atrás xa que cando contaba só con 6 anos de idade realizou o seu primeiro caderno de debuxo.
“O comezo…” é unha selección dos seus traballos feitos con diferentes técnicas como carboncillo, óleo e acrílico. Tamén diversas son as temáticas, pero destacando as paisaxes naturais galegas que reflicte nos seus óleos.

A inauguración da mostra será o luns 30 de xaneiro ás 17:00 horas. Poderá visitarse ata o 10 de febreiro de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas no primeiro andar do centro sociocomunitario de Caión.